2 may 2011

OS CADERNOS DA SEMANA

OS CADERNOS DA SEMANA

[NOVAS]














[ARTIGOS DE OPINIÓN] 
JOSÉ LUIS FIORI
  O dereito humano á guerra
Hugo Grotius (1583-1645), pai do dereito internacional moderno, foi herdeiro da tradición humanista e cosmopolita da filosofía estoica, que formulou, por primeira vez, a idea dunha sociedade internacional solidaria e sometida a leis universais. Mesmo sendo cristián e teólogo, Grotius desenvolveu a tese que estas leis universais formaban parte dun "dereito natural común a todos os pobos ... tan inmutable que non podería ser mudado nin polo mesmo Deus". Para o xurista holandés, o dereito á seguridade e á paz formaban parte destes dereitos fundamentais dos homes e das nacións.


__________________________________________________
XOÁN ANTÓN PÉREZ LEMA
  Estado xurídico de excepción
É principio común en todas as democracias que só a sentenza penal definitiva crea situacións xurídicas permanentes. Á persoa imputada ou condenada pendente recurso non se lle poden limitar dereitos, de non ser, con carácter meramente cautelar para impedir que esa persoa poida fuxir da acción da xustiza.

Este principio básico foi vulnerado pola maioría absoluta do PP e PSOE no Congreso e no Senado ao se aprobar, a fins do ano pasado, a recente reforma da lexislación electoral que entrou en vigor hai poucas semanas.


Para ler máis, pulsa aquí

___________________________________________________
SILVIO FALCÓN
Non quero nada de ti
Todos recordamos (sobre todo, os que medramos con ela) aquela música dunha xeración do rock bravú en galego. Un dos seus grupos senlleiros desa xeración, os Heredeiros da Crus, falaban nun dos seus temas (chamado "Non quero nada de ti") dun desentendemento entre dous individuos. Iso  quedándome bastante curto. O certo é que semella que o goberno da Xunta de Galicia mantén esta política con respecto a dous feitos políticos do país: a oposición parlamentaria e as manifestacións da sociedade civil. Explícome.




[CONTACTA CON NÓS!]

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...